Fuente: 20/03/2013 - El Progreso (Lugo)
A feira de Becerreá tivo onte un atractivo engadido, unha poxa de sete becerras organizada pola Asociación de Criadores de Raza Loura Galega (Acruga). Vendéronse seis exemplares, a un prezo medio de 2.150 euros.
Esta poxa abre a campaña de poxas de Acruga e, en opinión dos seus organizadores, foi satisfactoria. Os animais partían dun prezo base de 1.900 euros. Un deles non se vendeu, pero os demais alcanzaron prezos elevados, ata un máximo de 2.600 euros que se pagaron pola res máis disputada.