Enlace á galería con máis fotos
O sábado día 2 de Febreiro , a recente creada Asociación Cultural As Candelas de Becerreá, celebrou a tradicional Festa das Candelas, con motivo da festividade da Patrona de Becerreá.
A festa celebrouse detrás do Concello, con gran afluencia de veciños que viñeron a degustar o toucin, pan, viño e roscón que a Asociación As Candelas en colaboración co Concello de Becerreá lles ofreceu.
A festa estivo amenizada pola escola local de música de Becerreá e o grupo Estoupacaldeiros. Antes do comezo do evento, o veciño de Becerreá Rafael Ramos Fernández, recordounos a historia da celebración da festa.
Desde aquí queremos agradecer o Concello e mais os vecinos a sua colaboración neste evento.
Novas