Rubén López, natural de Becerreá, leva case catro anos vivindo en Sarria, onde xestiona o Albergue Mayor á vez que xoga na Sarriana, adestra a nenos e posúe unha explotación propia
Fonte: CANDELA F. ROLDÁN 2 DE AGOSTO DE 2023 EL PROGRESO
Na vida existen tantos camiños como variantes da ruta xacobea, ou incluso máis. Algúns optan polas clásicas, outros polas máis descoñecidas, e algúns proban a facer varias. No caso de Rubén López, natural de Becerreá, el escolleu a terceira opción. Despois de varios anos focalizado no fútbol, este mozo de 25 anos decidiu emprender tres camiños distintos á vez para poder compaxinar as súas grandes paixóns: o fútbol, a gandería e o sector hoteleiro. E todo iso, dende Sarria.
"Non paro un momento, pero é unha cuestión de organización", explica o becerrense, que axuda a xestionar o Albergue Mayor da localidade, un negocio familiar con capacidade para 16 persoas. "Case sempre estou polas mañás", di Rubén López, que adoita comezar o día dando a benvida aos camiñantes que chegan a Sarria con toda a ilusión do mundo. A mesma coa que veu el cando decidiu deixar atrás a súa estancia na Unión Deportiva Somozas da Coruña e comezar de cero xunto á súa parella na localidade sarriá.
"Ao principio non sabía que ía facer, pero tiña claro que o fútbol seguiría formando parte do meu día a día e que quería buscarme a vida", afirma convencido o becerrense, que leva xogando na SD Sarriana catro tempadas e adestra catro días por semana, ademais de adestrar os infantís e alevíns da SD Becerreá, o equipo no que el comezou de neno. "Cando termino de dar clase, veño para aquí directo a adestrar tan só media hora despois", di o mozo de 25 anos, que polo de agora di que enerxía e gañas non lle faltan.
Pero iso non é todo. O día a día na vida de Rubén López semella ter máis de 24 horas porque o futbolista e hoteleiro comezou a xestionar unha explotación gandeira hai dous anos, cando os seus pais, que levaban practicamente toda a vida dedicándose á gandería, xa pensaban en deixalo. "Dábame pena, así que ao principio sacaba algunha hora do meu tempo libre para axudarlles, ata que vin que era posible dedicarme a isto se sabía xestionar ben o negocio dende o principio", asegura.
Así naceu a explotación Toimil García, que conta na actualidade con 31 vacas de pura raza salers, unha variante de procedencia francesa moi pouco común en Galicia que, segundo explica o emprendedor, "son moi autónomas, o que me permite poder compaxinar os tres traballos perfectamente". As súas vacas, afincadas en Vilar de Ousón, en Becerreá, non precisan dunha atención diaria, xa que se valen por si mesmas para case todas as tarefas, mesmo paren sen axuda.
CANDELA F. ROLDÁN
02/AGO./23

Más de 200 niños participan en el campamento Aventura no Camiño
Así naceu a explotación Toimil García, que conta na actualidade con 31 vacas de pura raza salers, unha variante de procedencia francesa moi pouco común en Galicia que, segundo explica o emprendedor, "son moi autónomas, o que me permite poder compaxinar os tres traballos perfectamente". As súas vacas, afincadas en Vilar de Ousón, en Becerreá, non precisan dunha atención diaria, xa que se valen por si mesmas para case todas as tarefas, mesmo paren sen axuda.
"Hai unha semana fun a Francia buscar máis, e normalmente vou todos os días en inverno á casa familiar para supervisar todo", explica o gandeiro, que contaba ademais con certa experiencia ao ver traballar os seus pais durante moitos anos. "Ao final, é necesario buscar un traballo máis automatizado no campo, porque senón é unha profesión moi escrava", sostén.
E así, Rubén logrou recompoñer o seu propio calendario pouco a pouco para atender todo sen "demasiadas cargas" dende Sarria, a vila que o acolleu despois do confinamento e que o becerrense xa sente como súa, porque asegura que aquí ten todo o que necesita.
"Penso que é un bo lugar para desconectar e vivir tranquilo e á vez tes unha gran oferta cultural", afirma o gandeiro, hoteleiro e futbolista, que agrega que "Sarria mola" e que, mirando cara atrás, volvería repetir os mesmos pasos, xa que aquí se sente coma na casa.