Fuente: El Progreso 20/10/2012
O Concello de Becerreá recibiu autorización da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para acondicionar a contorna e os accesos á ponte de Cruzul, o único exemplo de enxeñería civil do período Neoclásico na provincia de Lugo.
O alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, confirmou que finalmente se poderá eliminar a maleza que rodea esta construción, despois de que a mesma consellería impuxese o ano pasado unha sanción de 800 euros ao Concello por cortar sen permiso algunhas árbores que dificultaban a visión da ponte. |