Fuente: El Progreso 18/10/201
O Concello de Becerreá fíxolle saber ao Goberno ruso que se opón á sentenza que condena a prisión a tres integrantes do grupo musical Pussy Riot por protestar contra a reelección do presidente Vladimir Putin mediante un concerto improvisado nunha catedral.
O pleno de Becerreá aprobou esta manifestación de rexeitamento cos votos a favor de PSOE e BNG e a abstención do PP. A continuación, remitiuna ao Goberno ruso a través da embaixada situada en Madrid, que acaba de confirmar a recepción da misiva e a súa intención de facela chegar ao seu destinatario.