Fuente: 27/03/2014 - Francisco García / El Progreso (Lugo)
O secretario xeral do PP lucense e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, asegurou onte que o investimento da Xunta en Becerreá incrementouse un 147 por cento nas cinco últimas anualidades, ata superar os 3,7 millóns de euros.
O tamén secretario do Parlamento galego -que con estas declaracións respondía as críticas do alcalde, o socialista Manuel Martínez, que acusou á Xunta de marxinar ao seu Concello- fixo fincapé en que as transferencias do actual Goberno galego a este municipio da Montaña pasaron de 411.433 euros no ano 2009 a máis dun millón no pasado exercicio.
«Estes datos (sobre os que insistiu en que eran oficiais) botan por terra o argumento defendido desde o Concello co que pretende dar a entender que este municipio está a ser discriminado pola Xunta dende que o Partido Popular accedeu á responsabilidade de goberno», sinalou o deputado popular, insistindo en que os investimentos en Becerreá incrementáronse por tres desde o 2009.
Subvencións
Os 67 concellos da provincia de Lugo cobrarán no mes de abril o primeiro pago das subvencións destinadas a financiar o servizo de axuda no fogar para dependentes. Así o anunciou onte a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, na visita que realizou ao centro de día de Lourenzá.