Logo de realizar o marcado do trazado da Via Künig, o concello de Becerreá presentou a nova rotulación do Peugeot 208 R2 do equipo becerrense de rallyes “Torrados Racing Becerreá”, coa que pretende dar a coñecer esta variante do camiño francés por Lugo a través do deporte, para elo o vehículo de competición levará a “Vía Künig” na parte dianteira e traseira, ademáis de diverso material publicitario que portaran os integrantes do equipo durante a competición.
O acto tivo lugar o pasado luns 21 de outubro na praza do concello, xusto antes do rallye San Froilán que se celebrará o vindeiro fin de semana.
VIDEO: 8º Rallye Ribeira Sacra 2019|MIGUEL VILARES CABANA|PEUGEOT 208 R2