Convócase o XX Certame Literario “A PIPA” 2011 da Alta Montaña Luguesa que terá a súa entrega de premios na Casa de Cultura de Becerreá o mércores 28 de decembro ás 21 h. no marco da XX NOITE POÉTICA “A PIPA” 11 CON MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO. Sigue lendo para ver as bases... |
XX Certame Literario “A PIPA” 2011 da Alta Montaña Luguesa.
Bases.
1. Temática.
O tema é libre.
2. Tres categorías.
2.A.- CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos)
2.B.- CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos)
2.C.- CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
3. Dúas modalidades.
3. A.- POESÍA (máximo 50 versos)
3. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breves (máximo 5 folios Din A4, dobre espazo entre as liñas, letra Times New Roman tamaño 12, marxes entre 2 e 3 cm.)
4. Os premios.
Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º Premio de Poesía, e tamén 1º e 2º Premio de Relato, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural “A PIPA” non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.
5. Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a CATEGORÍA e MODALIDADE na que participan, e achegando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número de teléfono do/a autor/a.
5. C.- O prazo de admisión rematará o 22 de decembro de 2011.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou enviarse ó seguinte enderezo: Certame Literario “A PIPA”. Rúa Ancares, 57. – 27640 Becerreá (Lugo).
6. O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá, que tamén poderá convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación, e tamén se transmitirá persoalmente ós/ás gañadores/as.
7. Cerimonia de Entrega de Premios.
A Cerimonia de Entrega de Premios terá lugar na Casa de Cultura de Becerreá o mércores 28 de decembro ás 21 h. no marco da XX NOITE POÉTICA “A PIPA” 11 CON MARÍA LADO E LUCÍA ALDAO.