Fonte: 07/11/2012 - El Progreso
O Concello de Becerreá solicitará á Xunta unha axuda de 19.587 euros para a limpeza e restauración de camiños dentro da Red Natura, concretamente vías municipais no ámbito do LIC Cruzul-Agüeira.
Esta solicitude foi aprobada na última reunión da xunta de goberno local e será remitida de inmediato á Xunta. A petición encádrase na liña de axudas aberta pola Administración galega para arrombar os espazos protexidos.