Antón novo director deportivo e que adestrará ós equipos, senior, xuvenil, cadete e alevín da SD terá a súa disposición a un novo dianteiro (Alberto Grandío, "Titi") que marcou o ano pasado 20 goles xogando na Comercial.
Unha SD con poucas novedades tentará acadar o ascenso a primeira autonómica e manter o bo nivel dos equipos das categorias inferiores mantendo participación tamén en infantil, benxamín e prebenxamín.
Fonte: futbollucense.com
A SD Becerreá traballa xa preparando a vindeira campaña no grupo sur da Segunda Autonómica. O representante da comarca da Montaña no fútbol lucense contará con 7 equipos na súa estrutura por primeira vez na súa historia.
Alberto Engroba continuará dirixindo o primeiro equipo e Antón Méndez cordinará e adestrará diversos equipos das categorías inferiores xunto con Nico Longuini e Meko.