Fonte: futbollucense.com
A SD Becerreá traballa xa preparando a vindeira campaña no grupo sur da Segunda Autonómica. O representante da comarca da Montaña no fútbol lucense contará con 7 equipos na súa estrutura por primeira vez na súa historia.
Alberto Engroba continuará dirixindo o primeiro equipo e Antón Méndez cordinará e adestrará diversos equipos das categorías inferiores xunto con Nico Longuini e Meko.
No tocante ó primeiro plantel, o equipo vermello conta con 3 incorporacións e catro baixas. Abandonaron o equipo Pepe, Del Cura, Felipe e Suso. Chegan á disciplina becerrense Javi, procedente da SCD Milagrosa, Pachi, que militaba na pasada campaña na SD Outeiro de Rei, e Chiqui, exfutbolista do SDC San Roque.
O equipo vermello xa disputou os seus primeiros amistosos a pretempada, impoñéndose por 4-2 ó AD Luís Pimentel, e caendo por 3-2 ante a SD Outeiro de Rei e a SD Paradela.
Tamén se disputou o pasado 19 de agosto o XXV torneo triangular Vila de Becerreá, no que resultou campión a Sarriana, tras impoñerse por 0-3 á SD Becerreá e por 0-2 á SD Outeiro de Rei. O encontro entre o equipo de Outeiro e os vermellos rematou cun resultado de 4-1 a favor dos locais.
O sábado 26 de agosto disputarase en Becerreá un cuadrangular entre a SD Becerreá, o Veteranos Becerreá, o Veteranos San Roque e o FC Becerreá.