Convócase o XXI Certame Literario “A PIPA” 2012 da Alta Montaña Luguesa que terá a súa entrega de premios na Casa de Cultura de Becerreá o xoves 27 de decembro de 2012, ás 21 h. no marco da XXI NOITE POÉTICA "A PIPA" 2012 CON XESÚS BERMÚDEZ TELLADO. Sigue lendo para ver as bases... |
1. Temática.
O tema é libre.
2. Tres categorías.
2. A.- CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos)
2. B.- CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos)
2. C.- CATEGORÍA Revista "A PIPA" para maiores de 18 anos.
3. Dúas modalidades.
3. A.- POESÍA (máximo 50 versos)
3. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breves (máximo 5 folios por unha soa cara)
4. Os premios.
Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º Premio de Poesía, e tamén 1º e 2º Premio de Relato, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural "A PIPA" non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.
Cerimonia de Entrega de Premios.
A Cerimonia de Entrega de Premios terá lugar o xoves 27 de decembro de 2012, ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, no marco da XXI NOITE POÉTICA "A PIPA" 2012 CON XESÚS BERMÚDEZ TELLADO.
(Os galardóns deberán ser recollidos durante este acto de entrega ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Xuvenil Cultural "A Pipa" de Becerreá.)
5. Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a CATEGORÍA e MODALIDADE na que participan, e achegando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número de teléfono do/a autor/a, xunto a unha fotocopia do DNI.
5. C.- O prazo de admisión rematará o venres 22 de decembro de 2012.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos ó seguinte enderezo: Certame Literario "A PIPA". Rúa Ancares, 57. - 27640 Becerreá (Lugo).
6. O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural "A PIPA" de Becerreá, que tamén poderá convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación, no blog www.apipadebecerrea.blogspot.com (ao que tamén se pode acceder a través da web www.apipadebecerrea.com), ou na páxina de Facebook e tamén se transmitirá persoalmente aos/ás gañadores/as.