Becerreá, última morada do intelectual galego Casal Rivas

Novas: 

Fuente: 08/03/2014 - Jaureguizar / El Progreso (Lugo)
A morte de Alberto Casal Rivas aos 93 anos o pasado xoves supón a desaparición dunha parte fundamental da historia da cultura galega, especialmente no que respecta á recuperación da súa actividade durante o franquismo.

Alberto Casal foi enterrado á unha da tarde de onte no cemiterio de Becerrerá, a súa localidade natal. Instalouse en Vigo en 1950 seguindo os pasos do seu pai, como recordaba Faro de Vigo. Tanto o seu proxenitor como o seu avó exerceran como notarios. Aínda así, Casal Rivas actuou uns días como fiscal antes de dedicarse á que sería a súa profesión asumindo a súa dignidade como o notario máis novo. Tras a xubilación retirouse a Gondomar.

Os seus coñecementos e a súa posición lle permiteron atender ao seu interese por toda actividade creativa, que se traduciu no apoio a iniciativas artísticas ou creativas.