C.B. Becerreá 60 - Elide AXSC 58

Novas: 

O C.B. Becerreá conseguiu a victoria frente ó Elide AXCS (un dos equipos fortes da categoría) nun partido moi igualado no que os locais sempre mandaron no marcador, pero non conseguiron distanciarse, co cal se chegou a un emocionante final.
Os becerrenses estiveron máis atinados que outras veces no tiro exterior e pouco a pouco foron decatandose de que tiñan posibilidades de gañar o encontro. Nos derradeiros instantes unhas dudosas decisións arbitrais acercaron ós visitantes no marcador, pero a sorte estivo esta vez co equipo local que se levou merecidamente a victoria.