Fonte: 22/04/2013 - Francisco García / El Progreso (Becerreá) O instituto de ensino secundario de Becerreá non pretende ser a escola de oratoria que Sócrates creou en Atenas, pero nas súas aulas hai novas que apuntan xeitos nesa capacidade de falar con elocuencia, que Demóstenes ou Cicerón converteron en arte. |
Desde hai seis anos, uns 30 estudantes do centro docente de Becerreá participaron no concurso de debate Parlamento Xove, facendo gala da súa capacidade de oratoria e retórica, nun certame que é moito máis que unha competición, é toda unha experiencia vital para os participantes.