Carretera Nacional

Becerreá: 

Fonte: Ferouson no foro.
En tempos do Rei Carlos III, rei progresista e reformador, fíxose a carretera nacional VI, que perante dous séculos e pico foi vital para a nosa comarca .O seu carón naceron pobos, aldeas, mesóns… A vida das xentes mudou.
Seguindo os restos da vía romana –Astorga, Lugo, Betanzos- e logo a beira do chamado Camiño Real, fíxose a gran carretera radial, que aínda está ahí, hoxe alixeirada de tráfego pola nova Autovía do Noroeste.
En 1763 o enxeñeiro frances, Lemaur, foi quen comezou e dirixiu as obras, tamén foi quen fixo o palacio de Rajoy en Santiago, este mesmo señor presentou o proxecto das torres da catedral de Lugo, que fora dañada anos atrás polo terremoto de Lisboa. Esquilache e Floridablanca eran os intendentes do estado daquela.
Para evitar conflictos cos donos das terras, e entre os moitos centos de operarios, así como protexer ós pagadores e gardar a pólvora , estaban os militares.
Escoitei que houbera conflicto entre o Señor de Noceda e o representante do Rei na obra, por culpa da ocupación de terreos. Este representante da admón., enfréntase tamén ó enxeñeiro Lemaur, pois quería que os traballos se suspenderan no inverno porque os días eran máis curtos. O poder político gañou a proposta.
Becerreá únese a Lugo en 1777. Hai queixas de que os carros do país desfán o camiño por culpa dos cravos das rodas.
As obras pagáronse có imposto de dous reás por cada fanega de sal que se consumía en Galicia. O arquivo que hoxe hai en Betanzos, daquela fora construido para cuartel, fíxose có diñeiro que sobrou da obra así como boa parte dos accesos a Asturias.
A carretera dirixiuse cara A Coruña e non a outros sitios de máis poboamento, tendo en conta os Correos marítimos con América, o arsenal de Ferrol, a audiencia e a capitanía xeral tamén tivo que ver.
Decíase que os escribentes e capataces gañaban seis reás ó día de xornal. Os obreiros non gañaban máis de tres. Os mellores canteiros cobraban ata catro reás (unha galiña mercábase por dous reás). Os dirixentes, ademáis dun mellor soldo, cobraban en especie racións de pan, palla e cebada.
A medida empregada era a toesa, usada en Francia e equivalente 195cm. Cada toesa era axustada en 90 reás, salvo en barrancos e pontes.
O abombado ou firme tiña 8 varas (cada vara eran 82cm.), formado por pedra, cascallo e area.
As distancias sinalábanse en leguas, (cada legua tería hoxe 5572m.) que era a distancia que un cabalo ou un bo camiñante recorría nunha hora. O sistema métrico decimal non se aplicaba aínda.
Ö primeiro as obras fanse polo método do destaxo para remataren co de asiento.
Quen saiba máis cousas, ten sitio para dalas a coñecer e así axudar á memoria.

Ferouson