CB Palas 51 - C.B. Becerreá 97

Novas: 

O CB Becerreá impúxose a claramente a domicilio ó CB Palas no partido xogado o sábado as 7 da tarde.
O equipo becerrense saíu motivado e presionando a subida do balón dos rivais o que lle proporcionou moitas canastas en contra-ataques claros.
Desde os primeiros minutos as ventaxas foron claras e so a relaxación dos últimos cuartos impediron que se sobrepasasen os 100 puntos no marcador final. A labor anotadora repartiuse moito no equipo e moitos xogadores sobrepasaron os 10 puntos.