Detalle da Ponte de Cruzul na Praza de España en Sevilla.

Becerreá: 

Fonte: Ferouson

Non fai moito tempo, despois de visitar en Sevilla aquelo que o turista medio trata de ver, un daqueles días tocou dar voltas polo chamado parque “María Luisa” e arredores ata ir a dar coa Praza de España, que en 85 anos que leva alí segue sendo única pola súa beleza, colorido e armanía. Aquelas torres policromadas, símbolos dos antigos reinos hispanos chaman a atención. Precisando dun pequeño descanso, séntome nun dos 48 espazos adicados a cada unha das provincias que daquela formaban España. Coma non podía ser de outra maneira visito o adicado a Lugo. A bancada do medio ten como decoración (todo en cerámica multicolor) a cara N. da catedral de Lugo, unha escea medieval e un anaco do claustro onde hoxe está o Museo Provincial. No asento lateral dereito vense algúns cubos da muralla de Lugo; e no da esquerda, fóronme dar os ollos con algo que estaba alí, algo inesperado. Os familiares que me acompañaban tamén sentiron algo que mereceu a pena ver. Era a PONTE de CRUZUL, tal como estaría naqueles tempos..