O 4 de outubro ábrese a exposición itinerante “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía”, comisariada por Pepe Barro, que está Praza do Concello de Becerreá ata o 17 de outubro e logo seguirá a percorrer ducias de localidades de todo o país. Esta mostra exterior fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947, convertiuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa.
Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos e innumerables asociacións de todo o país.
Co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.