O sábado 1 de xuño terá lugar no Pavillón Municipal de Becerreá a IV Edición das LIGAS MINIBASKET 3X3 COMARCA DOS ANCARES, organizadas polo Clube Baloncesto Becerreá en colaboración co Concello de Becerreá, co Programa Xogade da Consellería de Deportes da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Baloncesto, o Estudiantes de Lugo e Supermercados Gadis.
Nesta xornada tomarán parte máis de medio cento de rapaces dos Concellos de Navia de Suarna, San Roman de Cervantes, Becerreá e dos concellos bercianos de Camponaraya e Villafranca do Bierzo, que competirán nun sistema de 3x3 nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.
O horario da actividade comezará as 10h da mañá e rematara arredor das 15 h.