Natureza

Becerreá: 

Becerreá presenta unha orografía moi accidentada, enmarcada dentro do conxunto de Sierras Orientais de Galicia, o seu escarpado relieve caracterizase pola súa versatilidade: Vales encaixados, fortes pendentes e grandes altitudes. Podense diferenciar duas unidades: por un lado, un conxunto de sierras no límite occidental que superan os mil metros (Sierra do Calamouco e Sierra da Pena do Pico); e por outro, os vales formados polo río Navia. A altitude media das distintas parroquias oscila entre 500 e 900 metros, sendo o vértice xeodésico o Adrao cos seus 713 metros. Os picos máis sobresaintes son: Montes de Serrón da Pedra da Hedra (1.053 m.) e Chao de Eiros (854 m.) na parroquia de Ferreiros de Valboa; Chao do Marco (968 m.) e Pico da Cova (1.043 m.) en Fontarón; Pico de Foncova (1.035 m.) e Sierra de San Pedro (961 m.) en Furco; Lamas de Figueiro (1.034 m.) e As Eirelas (738 m.) en Guillén; Monte Cernada (719 m.) en Liber; Adrao (759 m.) en Morcelle; Vilar de Frades (803 m.) e Cernada (719 m.) en Ouselle; Adrao (713 m.) en Ousón; Restelo (983 m.) e Chao de Aranda (888 m.) en Quintá; Agro de Codival (800 m.) en Tortes e Serra de Vilamane (757 m.) en Vilamane. O clima é oceánico de montaña, con inviernos longos e fríos e abondosas precipitacions, non tan frecuentemente como se pensa en forma de neve. Os verans son cortos e frescos. Consecuentemente, as duras condicions climáticas e o modelado contribuiron á humanización da paisaxe, donde o home tivo que adaptar as súas necesidades ás do medio: serpenteantes prados, empinadas pendentes e encaixonados cauces fluviais que dificultaron e condicionaron o desenrolo económico dos pobladores. Polo que se refire á vexetación, a variedade é a tónica xeral xunto ca riqueza florística; así nos vales, prados; nas carballeiras, haias, abedules e acebos e, nos cumes máis elevados extensos pastizais e matorrais.

Superficie: 173 Km2.
Montes: Serra de Penamaior, Serra do Calamouco, Serra de Guillén, Pico da Pena, Pico do Lago, Pico Castiñeira y Pico Navallón.
Ríos: Navia, Bullón, Calamouco, Martín, Cruzul, San Martiño, Maior, Furco, Ferreira, Torés, Carballal, Ribón, As Nogueiras, Fontes, O Val, As Tablas, Pousada, Regueiro, Souto, Cousín, Valín, Veigas, Santa Mariña.
Regatos: San Martiño, O Convento.
Precipitacions: 1.200 mm. anuales