CONVOCÁMOSVOS a participar con POEMAS (máximo 50 versos) e/ou RELATOS (máximo 5 folios por unha soa cara a dobre espazo). A data límite de presentación remata o martes 23 de decembro de 2010. Os escritos debedes envialos anónimos, sinalando a CATEGORÍA na que participades (INFANTIL: de 8 a 14 anos. XUVENIL: DE 14 A 18 anos. ADULTO: máis de 18 anos) e a MODALIDADE (POESÍA e/ou RELATO), acompañados dun sobre pechado dentro do cal vaian os datos da/o autor/a (nome e apelidos, currículum, enderezo e teléfono). Isto debedes envialo ou entregalo en: |
CERTAME LITERARIO A PIPA
Rúa Ancares, 57.
27640 BECERREÁ (LUGO)
(Podedes consultar as bases xerais en: Bases)