Fonte O Progreso: (15/01/2013) - Galiciaé LV
Máis de medio centenar de persoas, entre as que se atopan os portavoces dos tres grupos políticos do Concello de Becerreá, concentráronse esta mañá ante unha vivenda unifamiliar do lugar de Lamas, nese municipio lucense, para evitar que se execute unha orde de derriba ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu).