Cultura

Contos para falar: Bocaberta

O vindeiro día 18 de novembro de 2009 a partir das 10 horas, no C.E.I.P SAN XOÁN de Becerreá, sito en Castelo, s/n-27640 Becerreá, terá lugar a nova campaña de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística enmárcarse dentro das accións xa iniciadas no ano 2008 coas editoras galegas de cara á implementación de diferentes actividades para o fomento do uso do galego e da lectura no noso idioma, entre a poboación galega máis nova.

Nenos de idade 3-6 anos e 6-9 anos: Contos para falar: A fantástica viaxe de Patri (Montaxe narrativa-musical).

Nenos e nenas entre 9 e 12 anos: Contos para falar: Navegacións e homes de mar, A Odisea

Novas: 

Teatro: 6X4...DÚAS DUCIAS

O grupo CEDEÚVE TEATRO VILALBA representará a obra 6X4...DÚAS DUCIAS o vindeiro 26 DE SETEMBRO DE 2009 as 20:00 HORAS na CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE BECERREÁ.

Esta peza de teatro da autoría de María Xosé Lamas, pretende, en clave de humor, contar a situación de cinco mulleres adultas - catro delas inmigrantes que coinciden traballando no restaurante dunha cidade galega e unha rapaza, sobriña dunha delas. Seis persoas que, ao longo de catro actos, van relatando as súas situacións persoais, aproveitando para reflexionar sobre os problemas máis salientables da sociedade actual

Novas: 

Actividades de Verán

O Concello de Becerreá abrirá un programa de actividades infantís destinado a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos. As actividades prolongaranse ata mediados de setembro e terán lugar polas tardes.
Os organizadores prevén levar a cabo talleres de manualidades, expresión corporal a través do xogo, xincanas e pintura en cristal.Todas serán gratuítas agás no caso da pintura, na que os pais correrán cos gastos derivados da compra do material necesario.

Novas: 

Concierto presentación do Himno de Becerreá

A montaña, os prados e as feiras de Becerreá sempre estiveron no pensamento de Alfredo González, a pesar de ter que abandonar a súa querida terra cando era mozo para aventurarse na gran cidade de Barcelona. O amor ao seu pobo culmina coa elaboración da letra e da música do que pode ser o himno de Becerreá, se así o deciden os concelleiros no vindeiro pleno.

Novas: 

Páginas

Suscribirse a RSS - Cultura