C.B. Becerreá

C.B. Becerreá 57 - C.B. Val de Lemos 59

O C.B. Becerreá rematou a primeria volta da liga cunha nova derrota, pero xogando un bo encontro ante o Val de Lemos.
O encontro foi moi igualado e so se decantou a favor dos monfortinos nos últimos segundos, cando conseguiron unha triple dende oito metros facendo imposible a defensa local. Ainda así os becerrenses puideron gañar, pero o xogador nº 9, primeiro fallando unha entrada a canasta e despois dous tiros libres a dous segundos do final non aproveitou esa derradeira oportunidade.
Empeza agora a segunda volta na que o equipo terá que mellorar a súa imaxe e esperar unha carambola para eludir o descenso.

Novas: 

Y que dure 52 - CB Becerreá 38.

Despois do bo resultado da semana pasada o CB Becerreá fixo de novo un mal partido que o condeou a sufir outra derrota. Ainda que empezou mal o equipo mantivose no partido durante a primeira parte onde os locais so acadaron ventajas máximas de 6 puntos. Pero no 3º cuarto a canasta fíxose do tamaño do ollo dunha agulla para os becerrenses e a diferencia medrou ata o resultado final de 52-38.
O equipo ten moito que mellorar e debe empezar xa. ¿Como unha semana podes meter 90 puntos e a seguinte so 38?

Novas: 

C.B. Becerreá 95 - C.B. Palas 55

O C.B. Becerreá conseguiu este sábado a súa primeira victoria da tempada impoñendose con claridade o C.B. Palas por 95 a 55. O equipo local foi moi superior ó visitante e abriu pronto diferencias no marcador que se foron agrandando pouco a pouco. As claves da melloría foron o acerto no tiro exterior e a presión sobre a saída do balón visitante conseguindo roubarlo en bastantes ocasións. O Becerreá deixa así a derradeira praza da clasificación pero aínda terá que mellorar moito se quere evitar o descenso.

Novas: 

C.B. Becerreá 39 - C.B. Xove 79

Nun principio de temporada para olvidar o C.B. Becerreá volveu a caer diante do C.B. Xove por un marcador abultado. Os locais sufriron a superioridade debaixo dos taboleiros dos visitantes así como a súa velocidade no contraataque e xa concederon unha importante ventaxa no luminoso dende os primeiros compases do partido.
Chega agora un parón de 3 semanas no que o equipo terá que mellorar para tentar obter mellores resultados a volta do nadal.

Novas: 

Elide AXSC 84 - C.B. Becerreá 46

O C.B. Becerreá segue ca mala racha e xogou en Lugo o pasado domingo o peor partido da tempada caendo claramente ante o Elide Axsc. Os becerrenses solo aguantaron o primeiro cuarto e logo encadenaron un segundo e terceiro para olvidar no que os locais se foron claramente no marcador.

Novas: 

C.B. Becerreá 58 - C.B. Vila de Meira 75

O C.B. Becerreá volveu caer derrotado no partido celebrado o domingo pasado no municipal contra o vila de Meira por 58 a 75. Os visitantes acadaron unha ventaxa de 10 puntos nos primeiros minutos que os locais xa non deron remontado. No terceiro cuarto o Becerreá subiu a intensidade co que logrou poñerse moi preto no marcador, pero non foi quen de acadar a remontada, para nos derradeiros minutos do último cuarto deixar escapar a importante renda ca que rematou o encontro. Destacaron Angel e Tino na faceta anotadora e Javier cunhos minutos de loita nos que se pensou na remontada.

Novas: 

C.B. Becerreá - Meigas e Trasgos

O C.B. Becerreá provocou a suspension do encontro contra o Meigas e Trasgos de Sarria cando abandonou a cancha mediado o terceiro cuarto, despois de que un xogador becerrense fose menospreciado polo árbitro. O partido empezou con un só árbitro (en Becerreá págase 90 € cada semana para que veñan 2 federados) e sin o balón regulamentario (para poder xogar o CB Becerreá tivo que comprar este ano varios). Dito árbitro vestido de calle, non quitou o plumifero para arbitrar, non se moveu do centro da pista, so pitou 4 personales na 1ª parte, e non paraba de apurar nos descansos e tempos mortos

pois tiña prisa de rematar o partido. Ante a recriminación desta actitude por parte dun xogador visitante, respondeu airadamente menospreciando ó equipo Becerrense, visto o cal este decidiu abandonar a cancha dando por rematado o encontro.
O C.B. Becerreá fará a consiguiente reclamación ante a federación para que estas situacións non se repitan.

Novas: 

C.B. Becerreá 68 - Hierros Ferreiro 77

O C.B. Becerreá non puido conseguir a primeira victoria da tempada e caeu derrotado frente o Hierros Ferreiro por 68-77 no partido celebrado este pasado sábado no Pabellón Municipal. O equipo local sempre foi por debaixo no marcador e aínda que se acercou varias veces ata estar a un só punto de diferencia non foi quen de dar ese último impulso que o permitise poñerse por diante. Destacar a actuación do nº 6 visitante Felpeto que en só 3 cuartos anotou 36 puntos e fixo imposible a remontada Becerrense.

Novas: 

CB Garabolos 78 - C.B. Becerreá 46

Un CB Becerreá con moitas baixas sufriu unha contundente derrota na súa estrena na 1º Provincial. Durante a primeira parte as diferencias foron mínimas e o Garabolos (un dos equipos máis fortes da categoría) so conseguiu marcharse no marcador cando anotou 2 triples consecutivos comenzado o terceiro cuarto. Despois de eso a precipitación no xogo do Becerreá fixo que a diferencia aumentase nos últimos minutos ata unhos números que non reflexan o sucedido na cancha durante boa parte do encontro.

Novas: 

Páginas

Suscribirse a RSS - C.B. Becerreá