C.B. Becerreá

Equipo de Primera División

Fuente: El Progreso (17/04/2007)

El Becerreá pone el broche a su excepcional temporada con el ascenso de categoría.
El éxito del Becerreá se confirmó con la derrota del Lucense ante el Ferreiro.
El equipo Becerrense acompaña en el ascenso al Castro y al Hierros Ferreiro.

Novas: 

Hotel Villamartín 54 - C.B. Becerreá 63

O CB. Becerreá gañou na súa visita a Vilalba ó Hotel Villamartín e sitúase a un paso do ascenso. O Becerreá sempre foi por diante pero non conseguiu marcharse nunca no marcador co que houbo emoción ata os minutos finales. Pódese destacar a actuación arbitral (o equipo local so cometeu unha falta persoal nos 3 primeiros cuartos) e a da mesa, xa que non coinciden os anotadores e o último cuarto durou uns 15 minutos (mentras os locais tiveron esperanza de remontar)
Fotos do encontro

Novas: 

C.B. Becerreá 97 - Val de Lemos 101

O CB Becerreá non puido impoñerse o equipo monfortino no partido de máis anotación e emoción da tempada. A igualdade foi a tónica durante todo o tempo regramentario ata chegar o final cun empate a 84 que fixo que se fose a prorroga. No perido comprementario chegouse a un intercambio de faltas no que o Becerreá perdeu as súas opcións ó fallar moitos tiros libres. Esta derrota complica as opciós de ascenso, xa que ainda que os locais dependen de si mesmos, quedanlles por disputar catro partidos compricados fora da casa.
Fotos do encontro

Novas: 

C.B. Becerreá 56 - Rábade 46

O C.B. Becerreá conseguiu unha importante victoria frente o Rábade nun partido que se decantou a favor dos locais no terceiro cuarto cando conseguiron un importate parcial que fixo que se marcharan no marcador. Con este triunfo o Becerreá mantense nos postos altos da clasificación dependendo de si mesmo na loita para conseguir o ascenso.

Novas: 

Asador Coto Real 52 - C.B. Becerreá 49

O C.B. Becerreá complica as suas opcións de ascenso tras unha axustada derrota ante o Asador Coto Real. Nun partido cheo de alternativas no marcador e de incidentes, incluida a descalificación dun xogador contrario, o equipo non foi quen de rompelo partido cando acumulou pequenas rentas e ó final os erros nos tiros libres, as perdas de balón e unha tripla no ultimo minuto do equipo contrario condenaron ó C.B. Becerreá á derrota quen non obstante aínda depende de si mesmo para logra-lo ascenso.

Novas: 

C.B. Becerreá 50 - Hierros Ferreiro 80

Nul mal partido o C.B. Becerreá perdeu a oportunidade de distanciar a un rival directo polos postos de ascenso o caer derrotado claramente no partido disputado o sábado contra o Hierros Ferreiro. O equipo moi castigado polas persoais chegou os últimos minutos en cuadro e xa non puido facer nada para evitar o despegue de Hierros no marcador.

Novas: 

C.B. Becerreá 62 - C.B. Castro 73

O desacerto nos minutos finais impide que o C.B. Becerreá rompa a imbatibilidade do líder. A precipitación en determinados momentos, o pouco acerto no tiro e a inferioridade no rebote defensivo, foron claves para que o Becerreá non superara en ningún momento ó equipo visitante.

Novas: 

Lucense 43 - S.D. Becerreá 52

O C.B. Becerreá nun gran partido gañou a un rival directo polos primeiros postos da clasificación. O encontro rompeuse xa nos primeiros minutos cando o Becerreá acadou unha renda importante que xa non perdería ata o final.

Novas: 

C.B. Becerreá 75 - Torre de Nuñez 57

O C.B. Becerreá non fallou e impúxose o Torre de Nuñez para non alexarse dos postos altos da clasificación. O partido mantivose igualado durante os dous primeiros cuartos, pero no terceiro, o Becerreá mellorou en defensa e acadou unha pequena vantaxa que medraría no último periodo.

Novas: 

Páginas

Suscribirse a RSS - C.B. Becerreá