S.D. Becerreá

Artigos relacionados co equipo de Fútbol de Becerreá

Información para a temporada 2008-2009

-Alberto Engroba renova como entrenador do equipo de 2ª autonomica para a temporada 2008/2009.
-Ademais o cuerpo técnico do clube contará con : Miguel Freijo como entrenador do equipo xuvenil e Antón Mendez como entrenador e coordinador da Escola de Futbol do clube.
-Esta temporada a S.D.Becerreá, na que celebra o seu 25 aniversario, terá os seguintes equipos: 2ª autonomica, Xuvenil , Cadete (fútbol sala) e Alevín (liga local de Lugo).

Novas: 

Actividades deportivas de verán

A S.D. Becerreá organiza, coa colaboración do Concello de Becerreá, durante os meses de xullo e agosto unha serie de actividades deportivas que se levarán a cabo en diferentes recintos deportivos de Becerreá: Pavillón Polideportivo, Campo de Fútbol, áreas recreativas.

Novas: 

C.D.Corgo 1 - S.D. Becerreá 2

A S.D. Becerreá segue en Segunda Autonómica.

Os Becerrenses gañaron a domicilio o Corgo por 1 a 2 conseguindo así a permanencia un ano máis na segunda autonómica.

Enhoraboa a todo o equipo!!!!!

Novas: 

S.D.Becerreá 2 - Arenas 1

Victoria da S.D. Becerreá que supón un gran paso cara a permanencia. A seguinte xornada o equipo becerrense descansa para esperar o derradeiro encontro contra o Corgo. Dependendo do que pase nesta xornada a S.D. necesitará un resultado ou outro para salvalse ainda que gañando a permanencia está asegurada.
Resultados e Clasificación

Novas: 

C.D. Rubian 0 - S.D. Becerreá 0

A SD Becerreá colleitou un empate sin goles no estadio do Rubian conquerindo un importante punto que pode ser moi valioso na loita pola permanencia.
A cousa segue estando compricada e so quedan dous partidos que son duas autenticas finais debido a igualdade na clasificación onde 8 equipos poden ter aínda problemas para salvarse.
Resultados e Clasificación

Novas: 

S.D. Becerreá 3 - Milagrosa F.C. 2

Importante victoria da S.D. Becerreá que nun igualado encontro se impuxo ó Milagrosa por 3 a 2 con goles de Coedo, Roberto e Ferrero. O partido presentou unha boa entrada e o terreo estaba en boas condicións.
O descenso está agora a 3 puntos aínda que seguimos cun partido máis cos nosos perseguidores. O seguinte partido é outra final xa que o rival (C.D. Rubián) e un rival directo o que se lle sacan agora 6 puntos.
Resultados e Clasificación

Novas: 

Bonxe CF 0 - SD Becerreá 2

Gran partido do Becerreá na casa dun rival directo como é o Bonxe impoñendose por 0 a 2.
Este triunfo supón que o equipo saia dos postos de descenso despois de moito tempo, ainda que ten un partido máis que os seus perseguidores, polo que non se pode confiar e debe gañar os partidos que restan ata o final da tempada.
Resultados e Clasificación

Novas: 

Páginas

Suscribirse a RSS - S.D. Becerreá