O Concello de Becerreá pechará o punto limpo en 2015 se non lle apoia a Xunta

Novas: 

Fonte: 22/10/2014 - Pablo Rodríguez/ El Progreso (Lugo)
O Concello de Becerreá pechará o próximo 1 de xaneiro o servizo de punto limpo, que atende a toda a comarca, se non recibe máis apoio da Xunta. O alcalde, o socialista Manuel Martínez, tomou esta decisión tras esixirlle o Goberno galego novos trámites administrativos, co custo e a carga de traballo que implican, para xestionar as instalacións. Denuncia que o Concello se deixa xa «ata 12.000 euros ao ano» no centro ao asumir en solitario os gastos a pesar de que o servizo lle compete á Xunta.

O detonante da polémica foi un escrito remitido por Medio Ambiente a inicios de mes no que lle dicía ao goberno local que, como administrador do centro, debía obter unha autorización da consellería para actuar de xestor de almacenamento de residuos.