Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda entregan esta tarde en Becerreá os premios do certame «A Pipa»

Novas: 

Fuente: La Voz de Galicia (27/12/2006)
Os escritores Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, xunto cos representantes das institucións colaboradoras, serán os encargados de entregar ás oito desta tarde no hostal Herbón de Becerreá os premios da edición número 15 do certame literario A Pipa 06 da alta montaña luguesa.

O xurado, reunido o pasado luns, concedeulle o primeiro premio infantil de relato a Noelia Rodríguez Pardo, de Cervantes; e o segundo a Andrea de Arriba López, de Baralla; mentres que Andrea Suárez Fernández, deste mesmo concello, recibirá un accésit. En poesía, e seguindo coa categoría infantil, o primeiro premio foi para Antía Tacón García e o segundo para Estefanía Castosa Fernández, as dúas de Baralla.

Na categoría xuvenil, o xurado declarou desertos os premios tanto de relato coma de poesía, e só concedeu accésits a Sarai Núñez Santín, de Becerreá, e a Judith Arango Arias, de Cervantes.

Finalmente, entre os maiores de 18 anos, o primeiro premio de relato foille otorgado a Francisco Piñeiro González, de Cervo; e o segundo a Xosé Antón Núñez Álvarez, de Navia de Suarna, que tamén foi o gañador do primeiro premio de poesía, quedando o segundo deserto. Houbo accésits na modalidade de relato para Iolanda Pulpeiro González, de Becerreá, e para Sheila Fontal Rodríguez, de Folgoso do Courel.

Despois da entrega de premios representaranse dous espectáculos teatrais: Memorias dun neno labrego , interpretado por Daniel G. Salgado; e A araña que tece , que interpretará Laura Cuervo. Ademais, nesta cerimonia poética tanto Xosé Neira Vilas coma Anisia Miranda recitarán versos das súas obras.