XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

Novas: 

CONVOCÁMOSVOS a participar con POEMAS (máximo 50 versos) e/ou RELATOS (máximo 5 folios por unha soa cara a dobre espazo).
A data límite de presentación remata o martes 22 de decembro de 2009.
Os escritos debedes envialos anónimos, sinalando a CATEGORÍA na que participades (INFANTIL: de 8 a 14 anos. XUVENIL: DE 14 A 18 anos. ADULTO: máis de 18 anos) e a MODALIDADE (POESÍA e/ou RELATO), acompañados dun sobre pechado dentro do cal vaian os datos da/o autor/a (nome e apelidos, currículum, enderezo e teléfono).
Isto debedes envialo ou entregalo en:

XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA
Rúa Ancares, 57.
27640 BECERREÁ (LUGO)
(Podedes consultar as bases xerais a través da nosa web:www.apipadebecerrea.com)