Blog creado para recoller os datos do proxecto "Viaxe emocional á Porta dos Ancares" co que no mes de xullo se percorreron diferentes aldeas do concello de Becerreá nunha proposta de dinamización ante a detección da necesidade de pór en valor unha zona onde continúan a existir saberes e labores tradicionais ligados ao traballo na terra.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS - FESTA DOS MAIOS
Venres 17 de Maio de 2013
BECERREÁ
Ás 11.30 h. realizarase o Maio coa colaboración de tódolos nen@s que se acheguen á praza do Concello!
E dende as 12 da mañá: FOLIADA!!
- Coa participación dos Grupos de música de Becerreá:gaitas e percusión, pandeiras, e grupo de canto.
- Actuación do grupo de nenos de baile tradicional, de Becerreá
- Coa colaboración de: Os Xardois de Doiras e Son do Neira de Baralla
Convócase o XXI Certame Literario “A PIPA” 2012 da Alta Montaña Luguesa que terá a súa entrega de premios na Casa de Cultura de Becerreá o xoves 27 de decembro de 2012, ás 21 h. no marco da XXI NOITE POÉTICA "A PIPA" 2012 CON XESÚS BERMÚDEZ TELLADO.
Sigue lendo para ver as bases...