A SD ficha a Alberto Grandío, goleador que antes militaba na Comercial

Antón novo director deportivo e que adestrará ós equipos, senior, xuvenil, cadete e alevín da SD terá a súa disposición a un novo dianteiro (Alberto Grandío, "Titi") que marcou o ano pasado 20 goles xogando na Comercial.

Unha SD con poucas novedades tentará acadar o ascenso a primeira autonómica e manter o bo nivel dos equipos das categorias inferiores mantendo participación tamén en infantil, benxamín e prebenxamín.

Novas: 

El pleno de Becerreá aprobará la delimitación del núcleo de Lamas

Fuente: 19/07/2013 - Redacción/ El Progreso (Becerreá)
El pleno de Becerreá aprobará previsiblemente el próximo día 23 la delimitación provisional del núcleo rural de Lamas. Este trámite es necesario para solicitar la legalización de la vivienda construida sin licencia y sobre la que pesa una orden de derribo, que provoco en enero pasado un levantamiento de los vecinos contra la Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Aplu).

Novas: 

O galego máis antigo descuberto nunha cova de Lugo

Fonte: Galicia Confidencial | | 12/07/2013
A datación de restos humanos en Galicia da un chimpo atrás de 7.000 anos con este importante achádego científico. Arqueólogos cataláns atopan un dente de leite, moi desgastado, de hai uns 17.000 anos, e pertencente a un neno duns 10 anos.

Persoal investigador do IPHES (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social) encontrou, na Cova de Valdavara (Becerreá, Lugo), un dente infantil, de hai uns 17.000 anos, que constitúe o fósil humano máis antigo descuberto ata o momento en Galicia.

Novas: 

Convocatoria para a selección como persoal laboral temporal de doce peóns, para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Os Ancares-Lugo-Sarria.

De conformidade coa Resolución da Alcaldía do Concello de Becerreá ditada con data
14 de xuño de 2013, faise pública a convocatoria para a selección como persoal laboral
temporal de doce peóns, para o Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Os AncaresLugo-Sarria.
A Resolución de convocatoria e as bases aprobadas están colgadas na páxina web do
Concello de Becerreá no seguinte enderezo http://www.concellodebecerrea.com/.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 27 de xuño de 2013.

Novas: 

Páginas

Suscribirse a Becerreá.net RSS