Incendio en San Martín da Ribeira

Pregamos a todas aquelas persoas que poidan aportar unha axuda para David Saavedra da casa de Riba de San Martín da Ribeira que o pasado día 16 o lume lle levou a casa e todas as pertenzas.
Na caixa rural galega ten unha conta aberta para quenes o desexen poidan facer as súas aportacións.
A todos moitas gracias.
Nº Conta Caixa Rural Galega: 3070 0016 20 6109775129

Novas: 

Día das Letras Galegas - Festa dos Maios

Date: 
Viernes, 17 Mayo, 2013 - 12:00

DÍA DAS LETRAS GALEGAS - FESTA DOS MAIOS
Venres 17 de Maio de 2013
BECERREÁ
Ás 11.30 h. realizarase o Maio coa colaboración de tódolos nen@s que se acheguen á praza do Concello!

E dende as 12 da mañá: FOLIADA!!
- Coa participación dos Grupos de música de Becerreá:gaitas e percusión, pandeiras, e grupo de canto.
- Actuación do grupo de nenos de baile tradicional, de Becerreá
- Coa colaboración de: Os Xardois de Doiras e Son do Neira de Baralla

Novas: 

A carreira polo cancro de Becerreá reúne 4.850 euros

Fuente: 11/05/2013 El Progreso (Lugo)
A carreira organizada polo colectivo Gym Tonic de Becerreá para recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) logrou reunir 4.850 euros, que serán depositados o vindeiro luns na conta da citada agrupación.

Gym Tonic logrou reunir 2.425 euros das taxas de inscrición dos corredores e o Concello de Becerreá achegará outra cantidade similar, como comprometera.

Novas: 

Case 500 persoas corren contra o cancro en Becerreá

Fuente: 04/05/2013 - P. Ch. / El Progreso (Lugo)
A carreira solidaria organizada en Becerreá co fin de recadar fondos para a loita contra o cancro reuniu este sábado a preto de 500 deportistas. Esta cifra superou as previsións dos organizadores, os membros da asociación Gym Tonic, que se mostraron plenamente satisfeitos da resposta dos corredores.

Novas: 

Canteira de oradores

Fonte: 22/04/2013 - Francisco García / El Progreso (Becerreá)
O instituto de ensino secundario de Becerreá non pretende ser a escola de oratoria que Sócrates creou en Atenas, pero nas súas aulas hai novas que apuntan xeitos nesa capacidade de falar con elocuencia, que Demóstenes ou Cicerón converteron en arte.

Novas: 

Páginas

Suscribirse a Becerreá.net RSS